Novas 2024

COMPETICION

04 Ago 2024

Hondarribia gaña en Orio a súa primeira bandeira da Liga Eusko Label

Hondarribia gaña en Orio a súa primeira bandeira da Liga Eusko Label Hondarribia gaña en Orio a súa primeira bandeira da Liga Eusko Label

Coa vitoria de hoxe a traiñeira verde colócase no terceiro chanzo da xeral.

A Ama Guadalupekoa levou a primeira bandeira da Liga Eusko Label 2024 en Orio, finalizando nun tempo de 20:59.62. Hondarribia, competiu na segunda quenda, ao igual que Lekittarra e Getaria, que acabaron no terceiro e cuarto posto cun tempo de 21:08.50 e 21:11.08, respectivamente. O vencedor da quenda de honra foi Zierbena, pero as condicións empioraron e os galipos precisaron 4 segundos máis que Hondarribia para remataren a regata.

Logo do duelo de hoxe: Bermeo Urdaibai suma 137 puntos, Zierbena 127 e empatan a puntos Hodarribia e Donostiarra con 107.

Arraun Lagunak triunfa en Orio e consegue a súa duodécima bandeira
Arraun lagunak triunfou en Orio e conquista a súa duodécima bandeira na Liga Euskotren. Aínda que no primeiro longo as oriotarras foron as máis rápidas, tras a ceavoga Arraun Lagunak colocouse á frente da regata e finalizou o traballo nun tempo de 11:09.31. A segunda praza foi para Tolosaldea, que precisou 6 segundos máis que as líderes para completar a regata e a traiñeira local, Orio, rematou con 9 segundos de retraso. Hondarribia, quen competiu na primeira quenda, foi cuarta ao remataren nun tempo 11:26.26.

A traiñeira Lugañene ten 96 na Liga Euskotren e é súa a primeira posición. As tolosarras son segundas con 73, Orio ten 70 e Donostiarra 68.

Voltar